Axudas compra de ordenadores 2007

Orde do 23 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases que rexen as axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adquisición dun ordenador persoal durante o ano 2007 e se procede á convocatoria.
Esta disposición ten por obxecto establecer as bases para regular a concesión de 10.000 axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ao alumnado de niveis non universitarios que adquiran un ordenador persoal no ano 2007.

Esta disposición ten por obxecto establecer as bases para regular a concesión de 10.000 axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ao alumnado de niveis non universitarios que adquiran un ordenador persoal no ano 2007.

Poderán solicitar as axudas os pais, nais ou titores legais do alumnado que reúna os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado/a no ano escolar 2006-2007 nun centro educativo sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia en calquera dos cursos de educación primaria e secundaria obrigatoria, ou equivalentes no caso do alumnado con necesidades educativas específicas.
b) Adquirir ou ter adquirido un ordenador persoal de primeira man, de sobremesa ou portátil, no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 20 de setembro de 2007. O ordenador persoal de sobremesa estará composto, como mínimo, pola CPU, un teclado, un rato e unha pantalla.
c) Ser o único membro da unidade familiar para o que se solicita a axuda.
d) Non ter recibido esta axuda a unidade familiar en anteriores convocatorias.

Os que desexen optar á axuda deberán completar, on-line, a solicitude e anexos que como formulario electrónico se atoparán na páxina web: http://www.edu.xunta.es/axudasord ou ben presentar os anexos desta orde debidamente cubertos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O importe da axuda será de 300 €.

Preme para ver o DOG