Axudas a mozos para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados da Unión Europea

Orde do 13 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea, e se procede á súa convocatoria.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 27 parágrafos 22º, 23º e 24º que lle corresponde a Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva nas materias de promoción do deporte e a axeitada utilización do lecer, asistencia social, así como a promoción do desenvolvemento comunitario, aplicándose entre outros ao ámbito da xuventude.

Poderán solicitar as axudas todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter fixada a súa residencia en Galicia.
c) Realizar un curso de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España, cunha duración mínima de tres semanas e como máximo de cinco e cun mínimo de 20 clases por semana, no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 31 de outubro de 2008. Cada clase terá unha duración mínima de 45 minutos.
d) Non estar matriculado no curso académico 2007/2008 en ningún centro universitario. Poden solicitar axudas as persoas que xa finalizasen os seus estudos universitarios con anterioridade ao curso 2007/2008.

DOGA 27/02/08