Axudas á conciliación da vida familiar

Orde do 17 de marzo de 2008 pola que se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é a regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo así como a convocatoria destas para o ano 2008.

Artigo 2º.-Actuacións subvencionables.
As axudas, na modalidade de pagamento único, seranlles concedidas aos traballadores que, a partir do día 1 de novembro de 2007 e ata o 31 de agosto de 2008, se acollan a unha redución da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de tres anos.

Artigo 3º.-Persoas beneficiarias.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde:

a) Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á redución de xornada a que se alude no artigo 2º desta orde.

b) Familias monoparentais en que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada a que se alude no artigo

DOG 3/04/08