Axudas 2007 actividades deportivas

Orde do 30 de xaneiro de 2007 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2007.

A presente orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras de concesión de subvencións a clubs e entidades sen ánimo de lucro para a participación ou desenvolvemento de actividades deportivas oficiais no ano 2007, así como para a organización de actividades de promoción e integración de colectivos de discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais.

Poderán ser beneficiarios do presente programa as seguintes entidades:

a) Os clubs e entidades deportivas que participen en campionatos oficiais convocados polas correspondentes federacións deportivas.
b) As agrupacións deportivas escolares comarcais ou de zona, coorganizadoras da campaña do deporte escolar que desenvolvan competicións e programas deportivos en idade escolar de ámbito comarcal, provincial ou autonómico, promovidos pola Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Estas entidades deberán estar inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia da Dirección Xeral para o Deporte, e con enderezo social en Galicia.

Igualmente poderán ser beneficiarios as asociacións con personalidade xurídica, sen ánimo de lucro, que desenvolvan proxectos de actividades deportivas con colectivos de discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais, que estean vinculadas a centros educativos.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Só se admitirá unha solicitude por club ou entidade deportiva.

As listas provisionais das solicitudes excluídas serán publicadas no DOG, e tamén na páxina web www.deportegalego.eu, nos taboleiros de anuncios dos servizos provinciais e da Dirección Xeral para o Deporte, sinalando as causas de exclusión.

preme para ver DOG