Axenda 21 escolar de Galicia

A «A21EG» é un programa que ten como finalidade potenciar a educación para ao desenvolvemento sostible na oferta educativa dos centros de nesino de primaria e secundaria de Galicia.

" Programa marco que pretende revisar a práctica educativa do centro para formar ás xeracións futuras; formar cidadáns responsables que adquiran unha serie de valores, actitudes, hábitos e comportamentos (capaces de participar democraticamente no medio, de tomar decisións e de asumir responsabilidades)."

Promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible – CMADS, estáse a desenvolver conxuntamente coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – CEOU, toda vez que gravita directamente sobre o sistema educativo, e a implantación e o desenvolvemento consecuente da A21EG implica a reformulación do “Proxecto Educativo de Centro – PEC” e demais documentos programáticos.

É un programa de inscrición voluntaria, baseado nun compromiso polas partes: centro educativo, administración autonómica (CMADS e CEOU) e administración local (concello e mancomunidades).

Máis información