Asemblea Xeral Anual da FANPA

O vindeiro 13 de decembro ,FANPA Pontevedra celebrará a Asemblea Xeral Anual no Pazo de Cultura de Pontevedra, a continuación detallamos o contido da citada asemblea, recordándolle que hai que inscribirse para os servizos de almorzo e comedor, e tamén haberá unha ludoteca para nenos/as, que poderán acudir os citados servizos previa inscrición.
Para inscrición:
info(arroba)nontedurmas.org
Tlf: 986 84 34 12
………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….ASEMBLEA ASEMBLEA XERAL ANUAL DA FANPA-PONTEVEDRA CURSO 2008/09

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

9.30: Almorzar como nenos: A empresa que presta o servizo de madrugadores nos centros de infantil e primaria do Concello de Pontevedra a través do contrato coa FANPA, poranos o almorzo no CEP Xunqueira ll de Pontevedra e desenvolveremos as actividades que normalmente se levan a cabo neste servizo. É preciso inscribirse para o almorzo(gratuito)

10.30:A familia na escola : Educación e convivencia: Un grupo de nais/pais que veñen de asistir a uns cursos de formación para “condutores de grupo “, a máis de comentarnos a súa experiencia, faremos con eles una dinámica moi interesante.

12.00:Pausa para o café.

12.30:A importancia da participación das familias na escola.

13.00:Internet na familia: recomendacións e avisos. Uso de ferramentas para a comunicación e organización das ANPA.

13.30:Uso racional da telefonía móvil.
13.45:Entrega de follas para anotar temas que ós asistentes lles interese tratar no último punto da orde do día da asemblea da tarde.

14.00: Xantar como nenos: A empresa que presta o servizo aos comedores do Concello de Pontevedra a través do contrato coa FANPA,serviranos o xantar e demostraranos in situ como o fan cos nosos nen@s. Hai que inscibirse (gratuito)

16.00:Descanso para tomar o café e para entregar as follas coas suxestións que se repartiron ó mediodía.

16.30: Asemblea extraordinaria: modificación e aprobación si procede do artigo 29 dos estatutos desta Federación .

17.00:Asemblea ordinaria

Orde do día
1.Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2.Informe de contas.
3.Informe da presidenta:
a)Seguro para as ANPA asociadas ,( do que xa vos mandamos a información pertinente)

b)Información posíbel contrato de telefonía móbil, a través da FANPA, para as súas ANPA asociadas , con prezos interesantes e con chamadas gratuítas entre toda a rede de ANPA pertencentes á FANPA.

c) Estudo de contratación por parte da FANPA dunha asesoría xurídica e xestoría para poñer á disposición das nosas ANPA asociadas.

d)Rolda de prensa de CONFAPA-GALICIA 24/10/08.

e)Convenio co Concello de Pontevedra

f) Actividades desenvolvidas pola FANPA ao longo do 2008.Programa Mesturanzas. Ludoteca Nadal, dentro do convenio co Concello de Pontevedra

g) Asistencia en CEAPA da presidenta a curso de formador de formadores sobre educación emocional.( 21,22,e 23 de novembro 2008 ).

h) Curso de formación de xuntas directivas de ANPA para o sábado 10 de xaneiro de 2009 de 10 a 14 h.

i) Dación de conta das xestións realizadas coas incidencias recollidas ao comezo de curso.

j) Proxectos de actividades da FANPA para o ano 2009.

4.Rolda aberta de intervencións.