Asemblea do 12/01/2008

A federación Provincial de APAs de Pontevedra, ven de facer a súa Asamblea Xeral Ordinaria deste curso 2008.

O sábado, día doce, FAPAs Pontevedra, no seminario 3 do Pazo de cultura de Pontevedra, cunha asistencia dunhas 50 persoas, pertencentes a diversas APAs da provincia, reuniuse en Asemblea na que, ademais dos clásicos trámites de aprobación das actuacións desenroladas pola Xunta Directiva no curso anterior, se falou de diversos temas de interese para a comunidade de pais da que teñen representación.

Entre os temas desenrolados destaca o que fai referencia a unha ídea de reforma da organización, con respecto a estructura actual na que non se estiman as agrupacións de APAs locais ou comarcais como integrantes da Federación. Nesta idea está a de propoñer agrupacións de APAs comarcais cuxa problemática común debe ser estudiada en conxunto para esas demarcación en concreto, tendo como base referencial a propia Federación como órgano unificador.

Además presentáronse varios proxectos, como son:

·        Obradoiro para pais que capacite aos pais dos centros para participar nos Planos de Convivencia que teñen que desenrolar os centros educativos.

·        Certame de fotografía destinado a retratar aqueles puntos negros (en negativo), e aqueles bos (en positivo); do contorno dos nosos centros: Certame denominado “En positivo, en negativo”.

·        Certame de relato curto denominado: “Historias do noso centro”, coa finalidade de recoller historias que fagan referencia á convivencia e relacións dos cidadáns do centro.

Por último, ante a falta de cobertura fronte as posibles causas que determinen unha reclamación de RC para os representantes dos pais nas súas accións, falouse das posibles alternativas de contratación de Seguros de RC e accidentes que cubran as actividades extraescolares que desenrolan as APAs.