As ANPA e os comedores escolares en Pontevedra.

Nota de prensa da FANPA de Pontevedra:
 

O pasado mércores día 6 reunínomos, no local da Federación das ANPA da provincia de Pontevedra, os representantes das ANPA de colexios públicos do Concello de Pontevedra (Campolongo, Xunqueira I e II, Vidal Portela, Barcelos, Cabanas, Froebel, San Martiño, Vilaverde, Xeve, Álvarez Limeses e Monteporreiro) nos que está previsto recuperar os servizos complementarios de comedor e os novos de almorzo madrugador tan longamente demandados polas nais e pais como como apoio ás familias para a conciliación da vida familiar e a laboral.

mosimageEsta reunión tivo como único tema valorar as condicións da proposta que o concelleiro de Educación de Pontevedra, o señor García Lores fixo o día anterior para a prestación de servizos complementarios (almorzo, comedor e actividades extraescolares). A situación dista moito de estar resolta ou ser a ideal e a proposta, a unha semana de comezo de curso, resulta delicada nos termos propostos.  

Cómpre lembrar, en primeiro lugar, que o financiamento ofrecido pola Administración só cubre o 50% do custo destes dous primeiros servizos. Aínda que é un avance importante, porque partimos da nada, seguimos a demandar a gratuidade total destes servizos, tal e como sucede noutros centros, rurais, da mesma rede de centro públicos. O 50% será financiado con diñeiro público, se as ANPA aceptan asumir a contratación e xestión dos servizos, mediante un sistema mixto: un 25% mediante unha subvención directa da Consellería de Educación e o outro 25% mediante unha subvención do Concello específica para o servizo de comedor ( pero tamén financiada pola Consellería mediante un convenio co Concello). O outro 50% será sufragado directamente polos pais.

En segundo lugar, e respecto das actividades extraescolares, o concelleiro informounos, en contra do previsto a finais do curso pasado, que o Concello non vai asumir a organización e financiamento das actividades extraescolares dos centros e que terán que ser, como ata agora, os pais quen as temos que soportar.

Dada a enorme transcendencia que teñen para a organización da vida familiar dos alumnos de infantil e primaria e as responsabilidades que nos vemos obrigados a tomar polo ben de todos os membros da comunidade escolar e non só dos nosos socios queremos detallar as seguintes conclusións dos representantes das ANPA nesta cuestión:

<!–[if !supportLists]–><!–[endif]–>-As ANPA pola súa composición e natureza son entidades formadas por nais e pais voluntarios; non somos ningunha entidade profesionalizada nin corporativa para a prestación de servizos que esixen unha alta carga de dedicación.

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>A composición e actividade das ANPA están sometidos a grandes oscilacións debidas tanto á permanencia dos fillos no mesmo centro durante períodos curtos como á dispoñibilidade, sacando horas da vida persoal, por parte dos pais e nais para colaborar coa Administración (educativa e local); esta colaboración reside na “complementariedade” e no apoio ao proceso educativo mediante a realización de actividades de valor educativo. Colaborar e apoiar non é o mesmo que realizar “un traballo” de xestión. Demandamos que a Administración autonómica ou local asuma na súa integridade esta función.

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>A normativa legal que rexe todas as asociacións, e que non distingue entre unha asociación de profesionais, empresas ou afeccionados supón que as directivas e socios da ANPA teñen que asumir “persoalmente” as responsabilidades por calquera actividade que xestionen (sobre a propia actividade, o persoal, a infraestrutura, o financiamento…). A prudencia de toda persoa adulta e responsable rexeita asumir unhas obrigas que non lle corresponden e son desproporcionadas e impropias da colaboración aínda coa mellor vontade.

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>O propósito da Concellería de Educación é que asumamos unha oferta-contrato cunha empresa concreta seleccionada sen a participación dos representantes dos pais e nais, que nin sequera foron convocados para valorar o Plan piloto do curso pasado realizado con esta mesma empresa. E os pais imos pagar o 50% deste servizo.

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>A alternativa que se lle presenta a cada ANPA concreta é simple:

 <!–[if !supportLists]–>-    <!–[endif]–>acepta ser resposable da xestión, á espera de poder negociar os seus termos concretos en materia de organización e financiamento, que non coñecemos, e poder así poñer en marcha os servizos no presente curso.
 <!–[if !supportLists]–>-    <!–[endif]–>Non aceptamos asumir a xestión e entón o noso centro non pode constituír os servizos de almorzos e comedores, xa que o Concello non pode resolver, polos procedementos administrativos convenientes, a contratación, a tempo para este curso 2005-2006
 
Fronte a esta realidade os representantes das ANPA acordamos

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>Que demandamos do Concello que nos informe por escrito e nos presente mediante os oportunos documentos, para valorar, o modelo concreto de contrato con todas as condicións propostas pola empresa, co aviso específico de que non aceptamos adherirnos sen máis a el ata que non se satisfagan unha serie de cautelas que necesitamos formalizar para poder asumir a responsabilidade legal que se deriva da xestión do servizo e que debemos dar a coñecer aos pais e nais estas circunstancias ante o inminente comezo do curso.

<!–[if !supportLists]–>- Que se nos aclaren cantas e cales son as partes contratantes e os dereitos e deberes que deben asumir, especialmente as cuestións de seguridade e responsabilidade financeira.

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>Que se nos facilite a posibilidade de realizar un contrato conxunto de todas as ANPA a través da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Pontevedra, na que estamos integrados, para que as ANPA que así o desexen poidan delegar e concentrar a xestión burocrática e administrativa que producirá necesariamente este modelo de xestión e que en moitos casos desbordan claramente a capacidade de traballo das ANPA concretas.

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>E, finalmente, celebrar o día 20 deste mes de setembro, ou en todo caso despois de recibir e estudar a documentación necesaria,  unha nova reunión de valoración e toma de decisións definitivas sobre os servizos de almorzo madrugador e comedor. Tamén se valorarán as distintas ofertas e posibilidades que as ANPA teñan recibido ou negociado para a realización de actividades extraescolares.

Nesa reunión valorarase a situación global que se nos presenta unha vez que se coñeza o contido das convocatorias de subvencións para as ANPA que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra pretenden publicar nos próximos días como complemento imprescindible desta iniciativa.

Pontevedra, 8 de setembro de 2006

Grupo local das ANPA de centros públicos do Concello de Pontevedra