Apagón as 19,55h

1 de febreiro entre as oito menos cinco e as oito da tarde

O grupo ecoloxista francés Alianza polo Planeta, a fin de chamar a atención do problema do estrago enerxético global, vén de promover a nivel mundial a desconexión de todo o sistema eléctrico (durante cinco minutos) o vindeiro 1 de febreiro entre as oito menos cinco e as oito da tarde, hora francesa. A esa hora, a mesma en España, estamos convocados a apagar as luces e os aparellos eléctricos nunha grande parte do mundo coa única intención de chamar a atención da sociedade (máis que nada dos políticos) e concienciar ós cidadáns sobre a importancia do aforro de enerxía no planeta e sobre a necesidade de actuar inmediatamente para resarcir os danos xa causados.

Alianza polo Planeta é un organismo formado por diferentes ONGs, asociacións medioambientais, xurídicas, sociais e humanitarias entre outras, que escolleu esta data por coincidir co día no que un grupo de expertos intergobernamentais vai presentar en París un novo informe das Nacións Unidas sobre a evolución do clima. Segundo informa o manifesto do grupo ecoloxista, "a situación do medio ambiente a nivel mundial é desastrosa, e o dano que se lle está a facer ó planeta reflíctese nos máis desfavorecidos. Por iso é urxente tomar medidas lucidas e valentes para asegurar o futuro das vindeiras xeracións, a terra e tódalas especies que viven nela".

Copia esta mensaxe e dalle a máxima difusión posible. Envia as mensaxes con Copias Ocultas para evitar o Spam.