Anelamento científico de aves no río dos Gafos

DÍA :domingo 13 de abril

HORA:9:00 h

PUNTO DE ENCONTRO: estación de autobuses de Pontevedra

LUGAR DO ANELAMENTO: Ponte Rebón, lugar do Casal do Río, parroquia de Tomeza – Pontevedra.

 GUIADA POR: Vítor Xosé Cabaleiro Barroso. Biólogo e anelador experto de aves silvestres do GRUPO DE ANELAMENTO ANDURIÑA

NÚMERO DE PRAZAS:15

RESERVA DE PRAZAS: teléfono 676842942

OBXECTIVOS: dar a coñecer o anelamento científico de aves silvestres en Galicia. Identificación de aves silvestres na man. Importancia da conservación e estudo das nosas aves, en especial das que habitan as ribeiras dos rios

*O anelamento científico de aves silvestres iniciouse en Dinamarca no ano 1899 cando se liberaron uns poucos estorniños pintos ós que H.C. Mortensen colocara nunha pata un anel metálico gravada con números correlativos e un enderezo como remite. Dende aqueles tempos, o anelamento de aves evolucionou rapidamente ata converterse nunha técnica de investigación estandarizada e empregada en todo o mundo.

O anelamento científico é un método de estudio baseado en marcar aves de forma individual. Unha vez anelada cada ave e despois de averiguar que especie é, o seu sexo, a súa idade, e despois de tomarlle as distintas medidas e o seu peso, é posta en liberdade no mesmo lugar.

Se volvera a ser recapturada e ceibada por outro anelador ou como ave morta (cazada, atropelada…) ofreceranos gran cantidade de información sobre a súa vida, e en especial dos seus movementos .

Outra información derivada das recuperacións e controis e a de calcular as taxas de supervivencia, éxito na reproducción e outros estudios para entender determinados cambios na abundancia dunha ave ó longo dos anos.

Actualmente en Europa este anelamento está controlado pola Unión Europea para o anelamento de aves EURING, con sede en Inglaterra, que garante a eficiente colaboración entre todas as centrais de anelamento do continente e garda nas súas oficinas os datos dos anelamentos e recuperacións de toda Europa.

En España hai na actualidade ó redor de 600 aneladores que capturan e anelan anualmente unhas 200.000 aves. En Galicia 25 aneladores están actualmente anelando orredor dunhas 7000 aves ó ano.

Estes aneladores pertencen á SEO (Sociedad Española de Ornitologia) e posúen os correspondentes permisos tanto da Dirección General de la Conservación de la Naturaleza del Ministerio de Medio Ambiente, que é a entidade que facilita os aneis como da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

ORGANIZA : VAIPOLORÍO                             MAIS INFORMACIÓN NO TELÉFONO : 676.842.942