Ampliación de materias optativas do bacharelato

Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo
A Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no decreto anteriormente citado, no seu artigo 8 establece que o alumnado cursará unha materia optativa elixida, para cada un dos dous cursos, entre as materias seguintes: música, segunda lingua estranxeira e tecnoloxías da información e comunicación, de oferta obrigatoria; antropoloxía, ética e filosofía do dereito, filosofía da ciencia e tecnoloxía, métodos estatísticos e numéricos e xeografía e historia de Galicia, se o centro as oferta, así como aqueloutras que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

DOG 29/09/08