Algúns interrogantes sobre a relación Familias-Escola

 

?
 

Educación, Que educación? 

1– Os valores das familias e os que promove a escola van por camiños distintos? Son complementarios?
2– Buscamos familias e escola as mesmas pautas de conduta para os nenos e nenas?
3-A intervención escolar toma en conta que os alumnos e as alumnas aprenden cos costumes e a cultura do seu entorno e isto non debe ser alleo ao centro?.
4– Sabemos que o fracaso escolar ten moito máis que ver coa distancia entre a cultura escolar e a cultura familiar e de clase social que con calquera outra diferenza?
 
Comunicación

5– Somos capaces de motivarnos mutuamente pais e profesores e de ser cómplices, vémolo claro ou hai barreiras?
6– A comunicación entre nós ten un obxectivo? Utilízase ou pérdese en vaguidades?
7– A comunidade educativa ten canles de comunicación evidentes para facilita-la interrelación e xerar un espazo de diálogo ou improvisamos en cada caso?.

Participación

8– Cando falamos da participación, estamos a falar de levar adiante o que temos falado nos centros e de poñer en práctica o falado nas titorías?
9– A participación dos pais quédase na organización de actividades extraescolares?
10– Somos os pais vistos como educadores?
11– A participación dos pais nos centros contribúe a sintonizar os pais coa Administración e a que haxa unha escola transparente?
12– A participación supón cambios ou existe unha distancia por manter a autonomía no  traballo do profesorado?  
13– Os pais coñecen realmente o que fan os profesores e teñen a oportunidade de propor as súas dúbidas a tempo?

Quen ten a resposta?

14– Somos conscientes de que pais e profesores estamos na sociedade e que nos afectan:

– Os cambios sociais (a economía, os novos modelos de familias e dentro da familia, a inmigración…)
– As esixencias da sociedade e os novos obxectivo da educación
– A perda de respecto ao saber
– A inseguridade e o sentimento de culpa producidos pola incerteza fronte ao porvir
– A diferenza entre valores éticos publicamente proclamados e os realmente efectivos e valorados pola sociedade
– A angustia fronte ao cambio

15– Recoñecemos as dúbidas e razoamos respostas adecuadas sobre a validez dos contidos educativos que imparten os mestres e profesores? A escola cumpre as expectativas dos pais e da sociedade?
16– O sistema educativo adáptase e resulta sensible fronte ás decepcións, a impotencia e/ou a agresividade das persoas que forman parte del?
17– A profesionalidade docente como se está a exercer?

– Mediando entre as esixencias institucionais e as demandas dos grupos sociais beneficiarios dos servizos educativos?.
– Limitando as demandas sociais cos límites persoais e profesionais postos polos mestres e profesores na defensa de si mesmos?

18– Existe xa unha nova realidade fronte á estamos equivocados os pais e os mestres?
19–  En que medida e en que aspectos da educación dos fillos se pode pedir que os asuma a escola de forma que sexa a escola a responsable?

PARTICIPA:

Mandanos  os teus interrogantes