Algúns interrogantes sobre a relación Escola – Familia

 

mosimage

1-
¿A cultura familiar e a cultura escolar son dúas realidades estancas?
 
2-
¿Procúranse conxuntamente pautas de conduta?.
 
3-
¿A participación é froito dunha reflexión conxunta no centro e dun traballo sistemático nas tutorías?.
 
4-
¿Considérase ós pais como axentes do cambio educativo?
 
 
5-¿Analízase o uso que se fai da conduta non verbal e do currículo oculto nas relacións do profesorado cos pais?.
 
 
6-¿Os canles de intercambio son os adecuados  e utilízanse correctamente?
 
 
7-¿A comunidade educativa establece vieiros de comunicación para facilita-la interrelación e xerar un espazo de diálogo?.
 
 
8-¿Os mensaxes e a escala de valores que perciben os alumnos e as alumnas en casa e no centro son contraditorios ou complementarios?.
 
 
9-¿Existe unha pugna cotiá por mante-la autonomía no  traballo do profesorado fronte ós pais que se decanta polo profesionalismo  como acoutación dun campo exclusivo de competencias?.   
 
 
10 ¿ Somos conscientes da influencia que teñen no  trasfondo dos conflitos entre pais e rofesores:
 
-Os cambios sociais
 
-A Procura do sentido actual da educación
 
-A desmitificación do saber
 
-A inseguridad e o sentimento de culpa producidos pola incertidumbre fronte ó porvenir
 
-A incongruencia entre valores éticos proclamados e realidade vivida no presente .
 
-Angústiaa fronte ó cambio?.
 
 
11-¿Téntase comprende-las dúbidas e contradicións que viven os mestres e profesores no traballo respecto á validez dos contidos  e as dúbidas dos pais e as nais sobre a inadecuación entre as perspectivas sociais e o papel da escola?.
 
 
 
12-¿A institución  permite respostas adecuadas ós sentimentos de culpabilidade, de impotencia e de agresividade en pais e profesores que ninguén se atreve a asumir?.
 
¿Compréndese que o fracaso escolar  ten moito que ver coa distancia entre cultura escolar e a cultura familiar e de clase social?.
 
 
13-¿A participación dos pais se relega á organización de actividades extraescolares?
 
 
14-¿A profesionalidad docente maniféstase na capacidade de mediar entre as esixencias institucionais e as demandas dos grupos sociais beneficiarios dos servizos educativos?.
 
¿Existe unha nova realidade na que se poidan equivoca-los pais e os mestres?
 
 
15-¿A participación dos pais nos centros contribúe a reduci-la distancia entre os cidadáns e as institucións e a facer máis transparentes os procesos organizativos?
 
 
16-¿A intervención escolar  toma en conta que os alumnos e as alumnas aprenden coas costumes e a cultura das súas comunidades e isto non debe ser alleo ó centro?.
 
 
17-¿Os pais coñecen realmente o que fan os profesores e teñen a oportunidade de propo-las súas dúbidas?.
 
 
18-¿Tense en  conta que se transferiron á escola funcións educativas das que non pode asumi-la responsabilidade exclusiva?.
 
Mandanos as tuas interrogantes