Actualización da guía sobre normalización lingüística nos centros educativos

A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística actualiza a súa guía sobre a planificación da normalización lingüística nos centros educativos.

O obxectivo desta guía, pola que deberán orientarse as programacións dos centros para a aplicación do Decreto 124/2007, pretente en palabras da conselleira de Educación, dona Laura Sánchez Piñón :

– Dar a coñecer o novo marco lexislativo que acaba de elaborarse para potenciar o uso do galego e  "facilitarlles aos centros educativos o apoio técnico necesario para conseguir este obxectivo"
– que a guía sexa "un referente para a elaboración das dúas ferramentas claves na mellora da situación da lingua galega: a Planificación sociolingüística do centro (PSC) e o Proxecto lingüístico do centro (PLC).

Cómpre lembrar que o decreto ten unha aplicación progresiva e por iso a guía complétase cunha edición do propio decreto, tan manipulado como pouco coñecido e unha serie de datos xerais sobre o bilingüismo en Galicia así como un modelo de enquisa para as familias de forma que os centros poidan recoller os datos que faciliten a elaboración do seu PLC de forma conveniente e adaptada.

Segunda a conselleira "a mellora da situación da nosa lingua é unha obriga de todos nós, pero tamén esta debe desenvolverse nun marco de diálogo e consenso". Nese marco, a responsabilidade da comunidade educativa toda (profesores, pais, persoal e administracións) arredor de cada un dos centros educativos é vital e non pode ser substituída por intereses partidarios ou económicos alleos ao mundo educativo.

Para obter a guía pódese consultar en

http://www.xunta.es/linguagalega/publicacions_en_lina