Actividades para o público infantil

                          Maio Mes da Lingua

  • Cinema, venres 16, na Biblioteca Pública de Pontevedra. Primeira sesión ás 17:30 h. Cinema infantil Nocturna (longametraxe de animación)
  • Cinema, venres 16, na Biblioteca Pública de Pontevedra Segunda sesión , ás 19:15 h. Cine xuvenil coas curtametraxes O ladrón de bonecas, O bufón e a infanta, As catedrais do silencio e En marcha por un desafío. Ao remate, haberá un coloquio coa Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza (AXENA), autora das curtametraxes que se van proxectar con contido ecolóxico: As catedrais do silencio e En marcha por un desafío. A Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza (AXENA) xurdiu dun grupo multidisciplinar, formado fundamentalmente por novos investigadores e estudantes de Bioloxía, Enxeñaría de Telecomunicacións, Imaxe e Son, e Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, naturalistas todos eles.

Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

  • Sábado 17, a partir das 12:00 h:
    Obradoiro para nenos e nenas na praza da Ferraría . Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
  • Festa da Lingua e Libros Viaxeiros, na praza da Verdura. Organizan: A Revira e Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
  • Obradoiro dos BOLECHAS, con Pepe Carreiro. Para nenos e nenas de 5 a 10 anos: venres 23 de maio, venres 30 de maio ou venres 6 de xuño ás 18:30 h. Inscrición previa no teléfono 986 84 51 95
    Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra.
  • Obradoiro de creación arredor do poemario de Álvarez Blázquez O QUE BEN CHE QUER. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos. Sábado 24, ás 11:30 h. Inscrición previa no teléfono 986 84 51 95 Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra.
  • Teatro Infantil de monicreques OS BARBALLOCAS de Mekané Didáctica, sábado 31, ás 18:30 h na praza de Curros Enríquez.
    Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra.
  • Xogos tradicionais e contos de Pavís-Pavós, sábado 7, ás 18:00 h na rúa Luís Braille, esquina coa rúa Blanco Amor de Campolongo.
    Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra.