Actividade do Proxecto Nea Experiencia Atlántica

Proxecto Nea Experiencia Atlántica

O prazo para inscribirse comeza o 19 de marzo

As actividades que se levarán a cabo son:

1. Concurso Infantil de Pintura

2. Concurso de Fotografía

3. Formación Naútica (Bautismo de mar): Vela, Windsurf,Piraguismo, Surf, Submarinismo.

Estas actividades teñen o obxecto de achegar á poboación deportes que, pese a contar con tradición e grandes especialistas no noso país, seguen sendo descoñecidos para a inmensa maioría.

En concreto a través do concurso de pintura quérese que a poboación máis nova tome contacto cos distintos deportes náuticos e que mediante a creatividade e a imaxinación poidan sentir curiosidade pola práctica de devandita actividade e deste xeito favorecer o contacto co mar desde todas as perspectivas: lecer, cultura, turismo, deporte, etc…

Por ese motivo durante os días 12, 13, 18, 19 e 20 de maio, levaranse a cabo unha serie de cursos multidisciplinares orientados á toma de contacto cos distintos deportes náuticos onde todos os participantes poderán gozar dun día na compaña de amigos, e baixo a supervisión de instructores expertos, titulados polos distintos organismos oficiais. As prazas para a participación nas actividades náuticas son limitadas e a inscrición farase por orde de chegada de solicitudes, podendo facelo a través da nosa páxina web: www.formacionytrabajo.com/nea, onde encontrarás toda a información que necesitas relativa ós cursos de formación náutica.

Están dirixidas a toda a poboación en xeral da provincia de Pontevedra e teñen por obxecto achegar á poboación deportes que,
pese a contar con tradición e grandes especialistas no noso país, seguen sendo grandes descoñecidos.
Calquera información sobre cada unha das actividades que se engloban dentro do Proxecto Nea pódese consultar na nosa páxina web

 www.formacionytrabajo.com/nea

correo electrónico
nea@formacionytrabajo.com
ou ben chamando ao número de
teléfono 902 027 622

Outra info:

NEA-Náutica Espazo Atlántico

http://www.nautica-espazoatlantico.com/é/10/00/

trátase dun proxecto orixinal que persegue o desenvolvemento do turismo náutico baseándose no fomento das prácticas e das competencias náuticas entre a poboación residente para así contribuír ao progreso da economía global do sector naútico nas rexións do Espazo Atlántico de Portugal, España, Gran Bretaña, Irlanda e Francia.

O fin perseguido é, entre outros, o reforzamento da economía turística, respondendo así ás expectativas e á demanda das
poboacións residentes e a través dunha dinámica interactiva poñer en escena as redes rexionais e a rede interrexional.
O Proxecto Nea para a rexión de Galicia enmárcase dentro das prioridades do programa INTERREG III B http://www.interregatlantique.org/esp/ que é un dos catro programas de iniciativa comunitaria posto en práctica pola Comisión Europea para favorecer un desenvolvemento harmonioso, equilibrado e sostible do territorio europeo.

A DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA xoga un papel piloto no desenvolvemento das actividades náuticas sobre a costa galega.
Ríalas Baixas e, particularmente, ríaa de Pontevedra son terras de aprendizaxe ideais: protexida da ampla marexada, ofrecen
perímetros e lugares de navegación seguros.

http://www.depontevedra.es