ACTIVIDADE DE INGLÉS “PLAYING IN ENGLISH”

IMPORTANTE:

20/1/09 COMUNICAMOS QUE O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP CAMPOLONGO APROBOU CEDER DÚAS AULAS A FANPA PONTEVEDRA PARA OS NOVOS GRUPOS DA ACTIVIDADE "PLAYING IN ENGLISH".DAMOS AS GRAZAS A SÚA COMUNIDADE EDUCATIVA
RECORDAMOS A TODOS OS PAIS/NAIS QUE QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES


PARA INSCRIBIRSE: NA OFICINA DE FANPA PONTEVEDRA (ALFONSO XIII,N.º 7,3º ANDAR), POR TELÉFONO 986 84 34 12 e no Kith Institute 609 54 42 41( de 11:30 a 13:30)

Este escrito resume os aspectos máis importantes do curso e lles permitirá tamén efectuar a matriculación do alumno.

ASPECTOS PEDAGÓXICOS

As clases son impartidas con dinámica de conversa, buscando por un camiño natural a aprendizaxe do idioma, sen traduccións e sen tarefas para a casa co fin de non recarga-los actuais estudos dos alumnos.

Profesorado especializado, asesorado e supervisado polo departamento pedagóxico do Instituto que complementa as clases con vídeo, contos, xogos, cancións, etc.

O Departamento Pedagóxico realiza unha supervisión dos grupos co obxeto de verifica-lo  adecuado avance dos alumnos, e trimestralmente notifica aos pais e nais por escrito dos resultados alcanzados polo alumno.

CALENDARIO E HORARIOS

A duración do curso coincidirá co calendario escolar do centro; programaránse 8 horas de clase ó mes (salvo causas axenas: festivos, folgas, etc…) cun promedio de 12 alumnos por clase e un máximo de 15. ESTE PRIMER CURSO AS CLASES SERÁN DE FEBREIRO A XUÑO.

Os horarios posibles son: LUNS/MÉRCORES E MARTES E XOVES

A.- 16:00 A 17:00.                        B.- 17:00 A 18:00

PLANS DE PAGO

 

CUOTAS. A cuota mensual por 8 horas de clase será de 30 Euros.Neste curso pasaranse o cobro  5 RECIBOS, DE FEBREIRO A XUÑO ambos inclusive, ,a non ser que se notifique a baixa do alumno antes de remata-lo mes. Os socios das ANPA dos colexios teñen un desconto (subvencionado pola FANPA PONTEVEDRA), é dicir, a sua cuota será de 25 €

Estas cuotas corresponden ó curso 08/09. O Instituto reaxusta as cuotas no mes de Outubro, polo cal o reaxuste  será en Outubro do 2009 (Curso escolar 2009/10)

Por problemas informáticos non podemos colgar a folla de matrícula para descargala,desculpen as molestias que lle poidan ocasionar