ACTIVATE NO NADAL

Programa xuvenil de lecer e tempo libre

QUE É?

            Actívate no Nadal é un Programa de actividades lúdicas, deportivas e culturais que che oferta a  Federación Provincial de ANPA de Pontevedra e a Concellaría de Educación do concello de Pontevedra para as vindeiras vacacións de Nadal.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A rapaces e rapazas que estades cursando estudios de secundaria nos institutos públicos de Pontevedra.

EN QUE DATAS SE REALIZA?

Nos días: 22,23,24,26,29 ,30 e 31 de decembro e 2 de xaneiro.

ONDE SE DESENVOLVEN AS  ACTIVIDADES ?

No CEIP Froebel

No Pavillón do IES Frei Martín Sarmiento

CANTO CUSTA ?

Este programa é GRATUITO  para os socios da ANPA, e terá un prezo de 15 € para os non socios.

COMO ME APUNTO ?

Mediante a folla de inscrición debidamente cumprimentada e asinada polo teu pai,nai ou titor/a,  entregándolla a persoa responsable que cha solicite na primeira actividade  que realices.

Documentos que tes que axuntar: Xustificante de ser socio da ANPA ou se non,  resgardo de ingreso bancario de 15 €  no nº de conta que se indica na folla de inscrición

Fotocopia da tarxeta sanitaria (ou vir provisto coa orixinal)

EN CANTAS ACTIVIDADES PODO PARTICIPAR?

Cando entregues a folla de inscrición e a documentación, darémosche un carné de socio co que poderás participar en tódalas actividades que desexes (sempre que queden prazas), so tes      que presentar o teu carné  a persoa responsable que cho solicite en cada actividade, podendo participar de xeito individual ou en grupo.

QUE NORMAS DEBO CUMPRIR?

Asistir a actividade 10 minutos antes do inicio para organizar a asistencia e comprobar carnés

Respectar o horario, unha vez iniciada a actividade non poderás participar

Respectar os espazos e coidar do material que utilices nas actividades

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

  hora

día

  

 HORA

Luns

22

Martes

23

Mércores

24

Venres

 26

Luns

 29

Martes

30

Mércores 31

Venres

2

 

CEIP Froebel

16:30

a

18:00

 

Ideas agasallos con coiro

Ideas agasallos       coiro

Ideas agasallos cómics

Ideas agasallos

abelorios

 Ideas  agasallos feltro

Ideas agasallos feltro

Cociña creativa

Cócteles sen alcol

18:00

a

19: 30

 

bailes

 

maxia

 

risoterapia

 

bailes

 

risoterapia

 

maxia

 

bailes

SESIÓN DISCO

 

Pavillón Frei Martín Sarmiento

18:00

a

19:30

patinaxe

hockey

esgrima

malabares

hockey

malabares

esgrima

Cartel e díptico