Aberto o prazo para solicitar praza no centro de día na Cidade Príncipe Felipe

Apertura do prazo para solicitar praza no centro de día na Cidade Príncipe Felipe para o curso 2008/09, para atención tanto básica como integral diaria dos menores da provincia.

Destinatarios:

Menores de entre 4 meses e os 16 anos procedentes de familias que necesiten dun apoio diario e
puntual para completa-la formación e atención dos seus fillos.
Ofrécese o Centro de Día como alternativa o internamento, xa que permite a permanencia dos menores
no seu ámbito familiar, evitando o seu desarraigo e favorecendo a súa integración social.

Prazo de presentación de solicitudes
Dende o 27 de febreiro ó 29 de marzo 
Máis información