A Xunta directiva asume a representación.

DIMISIÓN DO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN

O Presidente da Federación Provincial de Nais e Pais de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra, Fernando López Jácome, presentou a súa dimisión o pasado 10 de decembro, alegando motivos persoais por enfermidade familiar.

Os restantes membros da Xunta Directiva agradecen a Fernando a súa boa disposición, maniféstanlle a súa solidariedade e aceptan a dimisión na súa reunión de 16 de decembro.

Ante esta situación, a Xunta Directiva, na que tódolos demais cargos foron establecidos na súa reunión de 2 de decembro, continuará funcionando como órgano colexiado ata que sexa posible convocar unha nova Asemblea Extraordinaria para elixir un novo Presidente.