A TODAS AS APAs DA CONFAPA-GALICIA

Transcorrido máis dun ano desde aprobación de Lei Orgánica de Educación (LOE) cremos que chegou o momento de coñecer o seu contido e desenvolvemento, para iso CONFAPA xunto coa Federación de APAs da Coruña, organiza unha xornada na que representantes da Consellería de Educación informarán da súa aplicación en Galicia así como o que permanece ou varía na Formación Profesional.

Data: 17 de novembro de 2007

Lugar: hotel “NH Atlántico”.A Coruña

Horario: desde as 9:45 ata as 14:00 horas

A comida correrá a cargo da CONFAPA e Federación da Coruña e poderán asistir dúas persoas por APA.

Para inscribirse hai que achegar a folla de inscrición antes do 10 de novembro