A FESTA DO DEPORTE GALEGO CHEGA A PONTEVEDRA

O vindeiro domingo 08 de xuño a partir das 12 h. comezará na Avda. de Montero Ríos de Pontevedra a Festa do Deporte que, promovido polo Concello de Pontevedra, Instituto Municipal de Deportes e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, ofrecerán a oportunidade de poder tomar contacto con distintos deportes e actividades físicas a todas as persoas (de calquera idade) que queiran participar.

O obxectivo desta Festa do Deporte é permitir aos clubs da cidade de Pontevedra que ofrezan as súas actividades a todas as persoas que puideran estar interesadas en descubrir outros deportes non tan habituais.

Esgrima, voleibol, ciclismo de montaña e orientación deportiva son as disciplinas que calquera persoa poderá practicar a nivel recreativo neste improvisado recinto deportivo da Avda. de Montero Ríos dende as 12 ata as 14 h.

Os clubs colaboradores son:

–          Club Montañeiros de Pontevedra – Contacto Nacho Cons nº 986 864 419

–          Club Voleibol Pontevedra – Patricia – 655 545 137

–          Peña Ciclista Moto Bike – Paco – 636 214 618

–          Club Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra – Carmen – 656 283 603

A participación será libre e para todas as idades nos horarios ininterrumpidos de 10 a 14 h.

Todas as persoas que participen recibirán unha camiseta de agasallo da Festa do Deporte.

Para máis información no Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra nos tel. 986 872 013

http://www.deportegalego.es/

Blog do Instituto Municipal dos Deportes