A Federación súmase á Festa das Letras Galegas

Hoxe, 17 de maio é unha excelente oportunidade para dedicarlle algo de tempo á lectura na nosa lingua.

Queremos convidarvos a que lle deades unha visita ao web do Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Lugrís Freire.
A Federación traballa todos os días para lograr unha escola pública de calidade, laica, aberta, democrática e galega. Apoiamos toda iniciativa positiva para lograr que a nosa lingua, creación colectiva dos galegos, recupere a normalidade que en tempos escuros lle foi arrebatada.

É labor de todos a transmisión da nosa cultura ás xeracións máis novas, a nosa canteira de futuro, que teñen todo o dereito a participar e gozar do seu patrimonio histórico, lingüístico, cultural, musical, social… A nosa lingua conforma a nosa identidade e dignidade como país e como galegos e galegas.  Temos dereito a usar dela pero sobre todo temos o deber de dignificala, celebrala e trasmitirlla ás novas xeracións.

FALA COS TEUS FILLOS