A Federación participará no “panel de escoita” verbo dos usos lingüísticos da familia

A Federación está convidada a participar nesta iniciativa do Observatorio da Lingua Galega que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta. A primeira reunión terá lugar o próximo mércores día 23 de maio ás 16.30 en Santiago de Compostela.

Estes son algúns dos posibles temas que se poderán tratar neste panel: 

a)       Compromiso e conciencia da importancia da transmisión da lingua.

b)       Experiencia e actitudes familiares cara á lingua.

c)       Factores que inflúen na elección da lingua inicial.

d)       Visión da utilidade futura da lingua.

e)       Educación e uso do galego na familia.

f)        O papel da familia extensa (avós, tíos, curmáns…).

g)       Visión familiar dos outros ámbitos de socialización: ensino, amigos/as, medios de comunicación…

h)       Familias urbanas e familias rurais.

i)         Accións de sensibilización familiar cara á lingua.

j)         Futuro do galego no ámbito da familia.

O lugar de celebración será a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no Edificio San Caetano (Santiago de Compostela).