A Federación convoca Asemblea Extraordinaria o 5 de maio do 2007

Convocámosvos á Asemblea Extraordinaria da Federación das ANPA de Pontevedra que celebraremos o sábado 5 de maio ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria. No seminario 3 do Pazo da Cultura de Pontevedra. O único punto da orde do día é:

                     -Elección de nova Xunta Directiva

Como sabedes, o Presidente electo na anterior asemblea dimitiu, polo que é preciso renovar a Xunta Directiva cara ao vindeiro curso. Precisamos da vosa axuda para que esta renovación sexa efectiva

Nota 1: Só terán voz e voto dous membros de cada ANPA

Nota 2: Quen queira facer efectiva a súa cota poderá facelo despois da Asemblea.

O Secretario de FAPAs Pontevedra

mosimage