A ESCOLA GALEGA DE CONSUMO OFERTA ACTIVIDADES PARA O CURSO 2007/08

As relacións de consumo, na sociedade actual, forman parte da vida cotiá e requiren que todos os colectivos que conforman a cidadanía, desde as idades máis temperás, dispoñan de información e formación axeitadas, para poder tomar decisións libremente e para poder desenvolverse nesas relacións de conusumo dun xeito consciente, crítico e responsable.

Ao longo dos últimos anos, desde o Instituto Galego de Consumo e a través do seu centro permanente de formación, a Escola Galega de Consumo, vense desenvolvendo a importante función de impulsar e apoiar, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a educación para o consumo.

O centro, situado en Santiago de Compostela, oferta materiais e recursos axeitados e adaptados, a trabés dunha metodoloxía participativa e coordinados por persoal especializado, así como outros servizos de apoio tales como unha mediateca de materiais didácticos de consumo.

A nosa páxina, www.igc.xunta.es , contén a oferta específica para o que resta de 2007 e 2008

Para máis información sobre as actividades formativas da Escola Galega de Consumo pode poñerse en contacto conosco a traves do correo electronico egc@xunta.es ou chando aos teléfonos 881 999 092 / 881 999 093

Agardando a súa visita, reciba un saúdo,

Escola Galega de Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093/881 999 092
Fax: 881 999 089
e-mail: egc@xunta.es