A ANPA do CPI de Mosteiro (Meis) organiza o I Festival de Baile Moderno

A ANPA do CPI de Mosteiro (Meis) organiza o I Festival de Baile Moderno

O sábado 30 de xuño ás 20:00 h inaugaramos as Festas de San Bieito no Mosteiro (famoso pola Festa dos Callos que será o día 15) cun Festival de Baile Moderno organizado pola nosa ANPA en colaboración co Concello de Meis. Será no Auditorio da Casa da Cultura e participarán os seguintes grupos con coreografías orixinais baseadas en pezas musicais de actualidade e grandes bandas sonoras: de Pontevedra,"Escola de baile deportivo Baila" e "Escola de baile Débora"; e de Meis, "Grupo I e  Grupo II de baile moderno da ANPA" e "Escola A Saleta".

Para despedir o evento  serviremos unha gran merendola para todos os asistentes e participantes confeccionada polas nais da Asociación.