10 Razóns para pertencer e traballar nunha ANPA:

  1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas

  2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública

  3. Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións de éstos sexan vistas con maior respecto polas Administracións Públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.

  4. Porque existe un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar

  5. Pola importancia de levar aos Consellos Escolares a presenza dos pais e as nais, organizados nas APAs, para defender os intereses de todos, non os individuais

  6. Porque si os pais e nais non somos quén de motivarnos pola educación dos nosos fillos e fillas … ¿Por quén o faremos?

  7. Porque si os pais e nais non somos efectivos e participativos, cómo explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade podan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro

  8. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas

  9. Porque as APAs deben trabalar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo

  10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos e fillas.

Participar é un dereito, pero tamén un deber social