Xornada de formación para xuntas directivas 2019

Temática:

– aspectos económicos da xestión da túa ANPA

– aspectos administrativos e sociais

Anunciamos a realización dunha xornada de formación de xuntas directivas das ANPA asociadas, centrada nos aspectos económicos: conta, orzamentos, subvencións, responsabilidades, documentación fiscal e os aspectos organizativos, legais  das ANPA e de participación na xestión dos centros educativos públicos.

Datas

A xornada terá lugar o día 19 de outubro, sábado, en Pontevedra a partir das 09.00 horas e ata as 13.30 horas cun período de descanso a media mañá e quenda de consultas particulares ao final.

Como remate da xornada,  teremos un momento para a convivencia e intercambio de experiencias na cafetería do Pazo de Cultura onde FANPA ofrecerá  un pincho a todos os participantes.

Realizaremos unha nova convocatoria de xornada de formación o 18 de xaneiro de 2020, esta vez en Redondela, co que pretendemos achegar as oportunidades de formación o máximo posible a todos os socios.

Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra, Seminario 3

icon-car.pngKML-LogoFullscreen-Logo
Pazo da Cultura de Pontevedra

cargando mapa - por favor, espere...

Pazo da Cultura de Pontevedra 42.435567, -8.637922 Salón de Actos do Pazo da Cultura, 11 de febreiro A partir das 9.30 horas

Xa podedes inscribirvos no formulario ao pé desta nota.

Obxectivo e contido dos aspectos económicos (suxeito a modificacións)

PROPORCIONAR COÑECEMENTOS BÁSICOS DE FORMA CLARA E SINXELA QUE PROPORCIONEN UNHA AXUDA NO ÁMBITO DA XESTIÓN ECONÓMICA DAS ANPAS

1.    Obrigas contables:

a. A obriga xenérica de ter contabilidade: como afecta a un ANPA?.

b. Breve introdución ao plan contable adaptado para entidades sen fins de lucro.

2.    Obrigas fiscais:

a. Obrigas informativas: Declaracións censuais e de operacións con terceiros.

b. Obrigas impositivas: Imposto de sociedades, IVE, IRPF.

c. Obrigas de facturación.

d. Casos prácticos e consultas tributarias.

3.    Exemplo global dun ANPA: contabilidade e fiscalidade.

Relator

Miguel Barbosa
Algalia, Servizos para o Terceiro Sector. Formación

Obxectivo e contido dos aspectos administrativos e sociais

– Réxime de Asociacións.
– Finalidades.
– Dereitos
– Convocatorias e reunións.
– “Libros” obrigatorios.
– Actividades extraescolares.
– Participación: Consellos Escolares.

Relatora

Nuria Martínez Pigueiras (secretaría técnica de CONFAPA-GALICIA)

– Xestión da protección de datos nas ANPA
– Certificación dixital para a xestión da asociación

Relator

Antón Méixome (Xestión de FANPA Pontevedra)

 

Para o mellor aproveitamento da xornada entregarase apoio documental


Inscrición

Un por liña...

Comentarios0

Deixa unha resposta