Inscrición no rexistro da ANPA

As asociacións unha vez constituídas deberán inscribirse no Rexistro a efectos de publicidade

Que asociacións se inscriben no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia?

Inscríbense as asociacións sen ánimo de lucro, así como as federacións, confederacións e unións de ámbito galego, que non se atopen reguladas por leis especiais como as:

Asociacións profesionais: Lei 19/1977, de 1 de abril. Rexistro de Asociacións profesionais.

Asociacións deportivas: Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia. Rexistro de Asociacións Deportivas.

Rexistros de asociacións central e provinciais

As solicitudes de inscrición presentaranse no rexistro que corresponda segundo o ámbito da asociación:

Ámbito autonómico: Rexistro Central de Asociacións. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ámbito provincial: Rexistro da delegación provincial dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Documentación a presentar para a inscrición, por duplicado exemplar:

Ref. normativa: Lei 1/2002, artigos 3-7 e R.D. 1497/2003, artigos 3-5

Solicitude dirixida ao rexistro competente (ver apartado anterior). A solicitude debe realizarse, cando menos, por un dos promotores ou fundadores.

Acta fundacional, que debe conter: denominación e domicilio da asociación, nome e apelidos, NIF, nacionalidade e domicilio dos promotores, a vontade de constituír a asociación, a denominación da asociación, o domicilio e fins da mesma, a elección da súa xunta directiva provisional; o lugar, data e sinaturas dos promotores ou dos seus representantes. Se son persoas xurídicas: certificación do acordo do órgano competente e designación de persoa física.

Estatutos, co contido que establece a Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, data e sinatura do socios promotores en todas as súas follas.

Xustificante do pagamento da taxa correspondente.