A obriga de presentar o imposto de sociedades por parte das ANPA

Unha ANPA ten que presentar o imposto de sociedades…

… cando entre cotas de socios e subvencións haxa un total global de máis de 2000 euros de ingresos…. E dicir, case todas.

O art. 124.3 da Lei do imposto de sociedades (actualizada a novembro de 2015) para as asociacións (e tamén outros tipos de entidades), para períodos impositivos iniciados o 1 de xaneiro do 2015, queda como sigue:

Última actualización, publicada el 30/10/2015, en vigor a partir del 01/01/2016.

3. Los contribuyentes a que se refieren los apartados 2, 3 y 4 del artículo 9 de esta Ley estarán obligados a declarar la totalidad de sus rentas, exentas y no exentas.

No obstante, los contribuyentes a que se refiere el apartado 3 del artículo 9 de esta Ley no tendrán obligación de presentar declaración cuando cumplan los siguientes requisitos:

a) Que sus ingresos totales no superen 75.000 euros anuales.

b) Que los ingresos correspondientes a rentas no exentas no superen 2.000 euros anuales.

c) Que todas las rentas no exentas que obtengan estén sometidas a retención.

Este parágrafo enténdeo a Axencia Tributaria no sentido de que para estar eximido de presentar o imposto hai que cumprir á vez TODAS esas condicións para non presentalo.

Outro aspecto importante que inflúe son os límites temporais do “exercicio económico” que non teñen por que ser necesariamente os do ano natural xa que pode ser o curso escolar, segundo o que a ANPA teña establecido nos seus estatutos propios. Se non consta nos estatutos, haberá que aterse ao que a ANPA declarou cando se presentou a declaración de alta censal (documento 036 ) co fin de obter o CIF da asociación.

Unha vez que temos claro que debemos presentar a declaración do imposto e o período específico para a nosa asociación, podemos concretar que o prazo para a súa presentación é: despois de 6 meses do cerre de exercicio, cun prazo de 25 días a partir desa data.

Considéranse rendas exentas:

  • As doazóns que sexan irrevogables para colaborar cos fins da entidade.
  • As cotas satisfeitas polos asociados que non lles concedan un dereito a recibir prestacións de explotacións non exentas.
  • As subvencións para actividades exentas.
  • As rendas procedentes do patrimonio inmobiliario ou mobiliario da entidade, como dividendos, xuros, alugueiros, etc., nas ENL declaradas de interese público.
  • As procedentes de transmisións ou adquisicións de bens e dereitos, en cumprimento do obxecto social.
  • As obtidas no exercicio das súas actividades económicas exentas.

Considéranse rendas non exentas:

  • A cotas que pagan os asociados a cambio dunha contraprestación.
  • As rendas procedentes do patrimonio inmobiliario ou mobiliario da entidade, como son dividendos, xuros, alugueiros, etc., nas entidades parcialmente exentas (non declaradas de interese público).
  • Os ingresos que perciba a entidade polos servizos de bar, venda de entradas para ver espectáculos ou monumentos, cobro da publicidade, ingresos de premios, ingresos de loterías, ingresos por impartir cursos de formación…

Na práctica, isto quere dicir que, se unha asociación sen ánimo de lucro ten uns ingresos anuais superiores a 75.000 euros, ten a obriga de presentar Imposto sobre Sociedades. Pero malia que os ingresos non superen esa cantidade, terá que presentar o imposto de todos modos na maioría dos supostos, dado que é moi  frecuente que as rendas non exentas superen os 2000€ (vendas de lotería, alugueiro de parte das instalacións, publicidade, ingresos por premios, etc.) ou que se perciba algunha renda non exenta que non estea sometida a retención.