Normativa e procedemeto de solicitude de rifas

INFORMACIÓN NECESARIA PARA SOLICITAR UNHA COMBINACIÓN ALEATORIA OU UNHA RIFA

 DEFINICIÓN DE CONCEPTOS

– Combinación aleatoria: O xogador adquire un determinado produto que, cunha pura finalidade comercial de publicidade e sen que iso supoña aumento ningún do custo ordinario, inclúen o mesmo unha combinación de números aleatoria que pode resultar premiada cun obxecto u un determinado servizo ou unha cantidade en metálico previamente coñecida.

– Rifas: Prodúcese mediante a adquisición por un prezo certo dunha papeleta na que deberá constar de modo visible o devandito prezo, a data do xogo e un número que é co que se participan a rifa que é ademais o de control.

Xúntase relación de documentación necesaria á hora de realizar a solicitude de autorización ante a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior así como unha guía de bases.

 NORMATIVA APLICABLE

DOCUMENTACIÓN NECESARIA NO CASO DE SOLICITAR UNHA COMBINACIÓN ALEATORIA

1. Solicitude asinada por persoa con representación. Existe un modelo de solicitude na páxina web da xunta. A dirección é: http://xunta.es/adm/gdp-fichas/gallego/PR/PR307B.pdf

2. Copia compulsada do DNI do solicitante.

3. Acreditar a representación.- Poder notarial que acredite que está autorizado pola entidade organizadora para actuar.

4. Pago das taxas administrativas. Os códigos son: Consellería: 04, Servizos Centrais:13, Servizo de Xogo: 16. Taxa: autorización de combinación aleatoria ou rifa. Clave: 301301.

Importe taxa para o ano 2009: 95,46 €.

Existen impresos para o pago nos Servizos Centrais e Delegacións da Xunta de Galicia. Tamén poden obtelos na páxina web da Consellería de Economía e Facenda, xerando informáticamente o modelo de ingreso de taxas e prezos AI. O enlace ao que se debe acudir é: http://www.economiaefacenda.org/web/portal/confeccion-impresos . En ligazóns seleccionar Mod. AI autoliquidación de taxas. (desactualizado… consultar http://cpapx.xunta.gal/rifas-e-combinacions-aleatorias)

5. Bases do sorteo asinadas (achégase guía cos puntos que deberá conter).

6. No caso de facerse unha campaña publicitaria, copia da mesma.

7. Factura proforma dos premios, especificando o IVE (si os produtos non son mercados se non fabricados polo organizador, declaración responsable do representante da empresa sobre o importe do premio).

Para mais información poden contactar coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior nos teléfonos 981546445, 981546412, no fax 981540183 e a través do correo electrónico xogosc@xunta.es

A documentación poderá presentarse en calquera dos lugares relacionados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común dirixida a: Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza, Subdirección xeral de Xogo e Espectáculos Públicos. Rúa Roma, 25-27.15781 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

Así mesmo informámoslle que unha vez recibida a notificación da autorización emitida pola Dirección xeral de Emerxencias e Interior e, no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da súa recepción, deberá dirixirse á Delegación Territorial da Consellería de Facenda sinalada na notificación co fin de liquidar a taxa fiscal establecida no artigo 4.2. do Decreto 247/1991 do 4 de xullo, agás inclusión nalgún dos supostos de exención de pago previstos no artigo 4 dous da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo.

A cota tributaria das combinacións aleatorias virá determinada polo 12% do valor dos premios ofrecidos.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA NO CASO DE SOLICITAR UNHA RIFA:

1. Solicitude asinada por persoa con representación. Existe un modelo de solicitude na páxina web da xunta. A dirección é: http://xunta.es/adm/gdp-fichas/gallego/PR/PR307B.pdf

2. Copia compulsada do DNI do solicitante.

3. Acreditar a representación.- Poder notarial que acredite que está autorizado pola entidade organizadora para actuar.

4. Pago das taxas administrativas. Os códigos son: Consellería: 04, Servizos Centrais:13, Servizo de Xogo: 16. Taxa: autorización de combinación aleatoria ou rifa. Clave: 301301.

Importe taxa para o ano 2009: 95,46 €.

Existen impresos para o pago nos Servizos Centrais e Delegacións da Xunta de Galicia. Tamén poden obtelos na páxina web da Consellería de Economía e Facenda, xerando informáticamente o modelo de ingreso de taxas e prezos AI. O enlace ao que se debe acudir é: http://www.economiaefacenda.org/web/portal/confeccion-impresos . En ligazóns seleccionar Mod. AI autoliquidación de taxas. (desactualizado… consultar http://cpapx.xunta.gal/rifas-e-combinacions-aleatorias)

5. Bases do sorteo asinadas (achégase guía cos puntos que deberá conter).

6. Copia dunha rifa das que se porán a venda. No caso de que o xogo se base na combinación de imaxes deberá enviar as posibles combinacións que podan resultar gañadoras.

7. No caso de facerse unha campaña publicitaria, copia da mesma.

8. Factura proforma dos premios, especificando o IVE (si os produtos non son mercados se non fabricados polo organizador, declaración responsable do representante da empresa sobre o importe do premio).

Para mais información poden contactar co Dirección Xeral de Emerxencias e Interior nos teléfonos 981546445, 981546412, no fax 981540183 ou a través do correo electrónico xogosc@xunta.es

A documentación poderá presentarse en calquera dos lugares relacionados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común dirixida a: Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza, Subdirección xeral de Xogo e Espectáculos Públicos. Rúa Roma, 25-27.15781 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

Así mesmo informámoslle que unha vez recibida a notificación da autorización emitida pola Dirección xeral de Emerxencias e Interior e, no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da súa recepción, deberá dirixirse á Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda sinalada na notificación co fin de liquidar a taxa fiscal establecida no artigo 4.2. do Decreto 247/1991 do 4 de xullo, agás inclusión nalgún dos supostos de exención de pago previstos no artigo 4 dous da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo.

As rifas tributarán, con caracter xeral, o 10% do importe total dos boletos emitidos.

GUÍA PARA A CONFECCIÓN DAS BASES DUN SORTEO

Trátase dunha relación cos puntos máis importantes a empregar na confección das súas bases.

1.- EMPRESA ORGANIZADORA:
Deberá constar nome da persoa ou entidade organizadora do sorteo, o domicilio social e número de CIF.

2.- ÁMBITO TERRITORIAL DA PROMOCIÓN:
Especificar o ámbito territorial no que se desenvolverase a promoción, (local, comarcal, provincial ou comunidade autónoma de Galicia)

3.- PROMOCIÓN:
Combinacións aleatorias: Período da promoción
– Especificar se participan unicamente maiores de idade ou se poden participar menores.
– Forma de participación
– Exclusións: de habelas especificalas, por exemplo:Non poderán participar os titulares de comercio nin os familiares ata primeiro grao coas papeletas correspondentes ó seu local comercial.
Rifas: Período de venda das rifas, Número de rifas emitidas, Prezo das rifas.

4.- PREMIOS
Combinacións aleatorias:
– Relación de premios e o seu valor
– Sinalar neste apartado se os premios poden ser obxecto de cambio, cesión a terceiros ou compensación en metálico
– No caso de tratarse de vales canxeables nos establecementos participantes na campaña deberá especificarse a data na que caducarán os premios, así como a cantidade que como máximo poderán gastar en cada un dos establecementos, no caso de habela. Así mesmo deberá entregárselle ós participantes un listado no que aparezan os establecementos onde poderán ser canxeados.

Rifas: Relación de premios e o seu valor
Nas rifas ó premio non pode ser en ningún caso unha cantidade en metálico

5.- SORTEO
– Especificar data, hora e lugar no que se celebra o sorteo.
– Modo de realización do sorteo.
– Número de papeletas gañadoras e número de suplentes.

6.- COMUNICACIÓN ÓS GAÑADORES:
– Forma de comunicación ós gañadores, especificar lugar onde será exposta a lista de gañadores e a súa publicidade.
– Lugar onde poderán dirixirse a os gañadores para aceptar o premio. Prazo do que dispoñen para aceptalo.
– Entrega dos premios.
Se o gañador é un menor de idade na entrega de premios deberán ir acompañado do seu pai/nai ou titor legal.

7.- ACEPTACIÓN DAS BASES:
Os participantes, polo mero feito de participar na presente promoción, aceptan as bases e o criterio de (organizador do sorteo) en canto á resolución de calquera cuestión derivada da presente promoción . Calquera modificación das bases será comunicada á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

8.- OBRIGAS A CONTA DO PREMIADO:
De habelos, sinalar os gastos que o premio lle supón ó gañador.

9.- DATOS DOS PARTICIPANTES.
Se a participación no sorteo supón a inclusión dos datos persoais nalgún ficheiro deberá recollerse nas bases. Así mesmo os datos deberán ser tratados de acordo coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, así como co REAL DECRETO 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da referida Lei.

NOTA: Recordámoslle que as bases deberán estar asinadas