Modificación da Xunta Directiva da ANPA

Toda asociación que modifique ou renove a composición da xunta directiva deberá comunicalo ao Rexistro (central ou provincial) no que figure inscrita, ambos dependentes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para que proceda á súa inscrición no Rexistro de Asociación.

DOCUMENTACIÓN:

Solicitude normalizada SOLICITUDE_MODIFICACION_XUNTA_DIRECTIVA.pdf

CIF da asociación

Acta da Asemblea Xeral pola que se acorda a modificación ou renovación da xunta directiva ou certificado do secretario co visto e prace do presidente da asociación, coa data de designación dos novos membros, no que consten as sinaturas dos membros designados, e de ser posible dos cesantes.<doc1607|center>

Certificado Copia do DNI e CIF , no seu caso dos novos membros da xunta directiva.

Xustificante de pago da taxa correspondente.Taxas rexistro_asociacións

Impreso semi_cuberto

NORMATIVA:

  • AUTONÓMICA.
    Decreto 336/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións e espectáculos públicos, respectivamente, polos reais decretos 1639/1996 e 1640/1996, ámbolos dous do 5 de xullo, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (DOG nº 182 do 17 de setembro de 1996).Enlace á normativa:   Ir DOG
  • AUTONÓMICA.
    Decreto 276/1997, do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 194 do 8 de outubro de 1997).Enlace á normativa:   Ir DOG
  • ESTATAL.
    Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación (BOE nº 73 do 26 de marzo de 2002).Enlace á normativa:   Ir DOG
  • ESTATAL.
    Real Decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións (BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003).Enlace á normativa:   Ir DOG

ONDE ACUDIR:

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda nº 43-andar 9º
36003  PONTEVEDRA
Teléfono: 986805312 Fax: 986805299