Curso de xestión de ANPA para xuntas directivas

O día sábado 14 de novembro, no seminario 2 do Pazo da Cultura de Pontevedra, imos realizar un curso de xestión de ANPA para membros de xuntas directivas. Desenvolverase nunha mañá, entre as 10:00 e as 14:00 horas, co seguinte programa: – 10:00 Presentación do curso – 10:15 Nuria Martínez Pigueiras. Xestión diaria dunha ANPA: Qué é unha ANPA. Finalidades e dereitos. Instrumentos básicos de participación. Réxime de asociacións e actividades. Libros obrigatorios. Consellos escolares. Protección de datos. Resolución de dúbidas. – 12:00 Descanso – 12:15 Juan Miguel Casal Castro. A xestión económica dun ANPA: Contabilidade das ANPA. Obrigas fiscais. Contratación de monitores. Protección de datos. Resolución de dúbidas. – 14:00 Clausura e intercambio de experiencias das ANPA Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a info@nontedurmas.org ou chamar á FANPA, especificando nome da persoa que vai facer o curso, teléfono, email (se procede) e ANPA da que é membro. As inscricións deben facerse antes do martes 10 de novembro. Estades todos invitados a participar. Curso de xestión de ANPA