Curso de xestión de ANPA

O obxectivo da FANPA non é outro que asesorar, formar e informar aos seus socios. Comezamos neste curso 2014/15 na concello da Estrada a nosa andaina formativa.

Para que isto resulte, precisamos da vosa participación, son as preguntas e as vosas inquedanzas o que nos move, para iso organizamos o curso de formación de ANPA:

Día: 21 de novembro Hora: de 16.30 h a 20.30 h Lugar: aula no 2º andar do Edificio de Usos Múltiples, Avda. Benito Vigo, 94, A Estrada.

Programa:

• Participación, Consellos Escolares e a súa lexislación

• Que é unha ANPA?

• Xestión dunha ANPA -Finalidades -Dereitos -Documentos -Libros -A xunta directiva

• Documentos do centro imprescindibles para as ANPA

-Proxecto educativo de centro

-Programación xeral anual

-Memoria anual

-Normas de organización e funcionamento

• Actividades extraescolares

• Financiación das ANPA

• Formación de pais e nais

• Lexislación Esperamos que sexa do voso interese. Agradecemos que confirmedes cantos ides participar enviando a ficha de inscrición.

Folla informativa

Folla de inscrición