Convocatoria de subvención para as ANPA do Concello de Pontevedra

Bases convocatoria

A documentación a presentar é:
 
 
1) Instancia individualizada, segundo ANEXO I, asinada polo peticionario ou, no caso de persoas xurídicas, polo representante legal coa representación debidamente acreditada.
 
2) Fotocopia do código de identificación fiscal (CIF), no caso de persoas xurídicas e número de identificación fiscal (NIF) no suposto de persoas físicas.
 
3) Certificado da entidade bancaria da conta á que se poderá transferir, de selo caso, o importe da subvención, a nome do/a solicitante da subvención (20 díxitos).
 
4) Certificado do secretario da entidade solicitante no que consten as subvencións e/ou axudas obtidas (ANEXO II)
 
5) Declaración de non ter pendente de xustificación ningunha subvención co Concello de Pontevedra, non ser debedor e non estar incurso en prohibicións (ANEXO III)
 
6) Descrición das accións que se pretende realizar, con especificación entre outros de: data, lugar de celebración, responsábel/beis do desenvolvemento da acción, obxectivos da mesma, poboación
destinataria e número de beneficiarios da mesma, metodoloxía, etc. así como calquera outra que poidan servir para a baremación dos expedientes
 
7) Balance de gastos e ingresos da actividade que se solicita, detallando cada un dos conceptos dos gastos e ingresos.