Axudas dirixidas a asociacións para actividades de cultura

BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES “ANO CASTELAO” E DE DINAMIZACIÓN DO GALEGO, ANO 2016

O programa A/16, de actividades culturais “Ano Castelao”, diríxese a entidades culturais da nosa provincia para o financiamento das seguintes actividades:
• Xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica
• Actividades relacionadas co patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico
•  Festivais de corais, de música e baile tradicional
• Intercambios culturais
• Outros eventos nos que se faga referencia á figura de Castelao
O programa B/16, de dinamización do galego, diríxese a financiar as entidades que realicen
actividades que fomenten o uso do galego no conxunto da sociedade a través de:
• Certames literarios, xornalísticos e teatrais
• Festivais de música
• Accións de fomento do galego na cultura, no comercio e nas tecnoloxías da
información e da comunicación
• Recoñecementos a persoas e colectivos que aposten pola lingua

Nota: As ANPA están excluídas destas axudas pero non así as asociacións.

PONTEVEDRA.20160222.2016004484

Todos os detalles nesta páxina da Deputación