AXUDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS DURANTE O ANO 2011 NO CONCELLO DE BUEU

BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS DURANTE O ANO 2011.

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 1 de Febreiro de 2011 as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2011 e que a seguir se transcriben dun xeito literal:

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade, transparencia e obxectividade para a realización de programas, proxectos ou actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que, en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do Municipio.

As bases están suxeitas ao establecido na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Bueu, publicadas no BOP do 17 de febreiro de 2006.

As subvencións obxecto desta convocatoria efectuaranse con cargo á partida orzamentaria 451.48900.do Orzamento municipal vixente para o ano 2011, e co límite da súa consignación orzamentaria ó efecto.

O importe máximo por subvención será de 3.000 €. Este importe en ningún caso poderá ser de tal ingresos ou recursos doutros organismos públicos ou privados, supere o custo total do programa, proxecto ou actividade a

desenvolver pola entidade beneficiaria.

Non se poderá presentar máis dunha solicitude por entidade.

1.—OBXECTO

En xeral, serán obxecto de subvención as actividades desenvoltas dentro do ámbito municipal que teñan por fin:

Realización de actividades culturais en xeral, e en especial a promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais.

Dinamización da mocidade de Bueu e fomento das artes plásticas, audiovisuais, musicais ou escénicas.

Os gastos susceptibles de subvención serán os realizados durante o ano 2011.

En xeral, non serán obxecto de subvención as actividades que se desenvolvan fora do termo municipal.

Especificamente quedan excluídos os gastos derivados de:

Adquisición, reparación ou mantemento de bens inmobles.

Consumo eléctrico, telefónico e similares.

Gastos derivados de comidas e similares (por exemplo as xuntanzas entre os membros da

entidade), bebidas alcohólicas, tabacos ou calquera outro produto lesivo para a saúde, que non constitúan a actividade en si, ou teñan relación coa época.

Gastos que non estean directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, ou que dificilmente poidan relacionarse coa mesma. Neste sentido terase especialmente en conta os conceptos especificados nas facturas que se entregarán como xustificantes dos gastos.

Gastos derivados do uso de equipamentos municipais.

BOP 02/03/2011