Premios Provinciais á Xuventude

Dende o Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra informamos que está aberto o prazo de inscrición na  III Edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2019, iniciativa que ten como finalidade poñer en valor e promover o talento e o potencial da mocidade na nosa provincia.

Esta convocatoria, dirixida á mocidade de entre 16 e 35 anos de idade empadroada en calquera dos concellos da Provincia de Pontevedra, dotada con 22.000 euros a repartir entre oito categorías.

Achegamos díptico e cartaz da convocatoria

Se precisades mais información ou algunha aclaración sobre o contido da convocatoria ou a forma de solicitar a inscrición, non dubidedes en contactar con nos a través do correo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.gal ou telefonicamente no 986 804 100 (ext. 41227).

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 1 de xullo de 2019.

cartel PREMIOS XUVENTUDE definitivo