Reválida final de 6º de Primaria

No caso dos centros escollidos xa que se trata dunha proba “mostral”
Datas da avaliación
1. A aplicación das probas realizarase os días 29 e 30 de maio de 2018.
2. No caso de que algún centro docente non poida realizar algunha das probas nas
datas establecidas no punto anterior, por coincidir cun día non lectivo no centro docente ou por circunstancias sobrevidas que imposibiliten a súa realización, a dirección do centro comunicarao á Inspección educativa e á comisión local establecida no punto noveno desta resolución, cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio da proba. A comisión, oída a inspección do centro, adoptará as medidas necesarias para que se realicen as probas nunha data inmediatamente posterior.
Todos os detalles das probas:
RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións
para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros
docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017/18.

Source: Resolución DOG Xoves, 26 de abril de 2018 – AnuncioG0164-170418-0002_gl.pdf

Comments:0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*