RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2016-17.

Esta avaliación terá carácter mostral e unha finalidade diagnóstica. Aplicarase ao alumnado matriculado en sexto curso de educación primaria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra e tamén ao dos centros que o soliciten.