RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2015/16.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0244-231215-0008_gl.pdf]

Programas de actividades extraescolares subvencionables

1. Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de programas de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas así como á concienciación contra a violencia de xénero. Co dito fin primarase na valoración das solicitudes a programación de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade, fomentar a corresponsabilidade e o respecto mutuo, e a prevención da violencia de xénero.

b) As actividades realizaranse nas dependencias do centro educativo e fóra do horario lectivo, de luns a venres durante o curso escolar 2015/2016 e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade, será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes. c) A programación das actividades será en horario continuado desde a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.

d) As actividades que formen parte do programa centrarase en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.

e) Cada actividade dirixirase obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales, polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido, en particular, cando se trate de centros escolares situados en concellos rurais cualificados como zonas pouco poboadas de baixa densidade (ZPP) ou cando se trate de centros de educación especial.

Comments:1

Comments are closed. You can not add new comments.