RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

RESUMO DAS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN, POLAS ANPA OS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIOS.

 

  1. As axudas obxecto da presente convocatoria financiaranse con cargo á aplicación

orzamentaria 05.11.312 G.481.0 (código proxecto 2013 00168) por un importe total máximo

de douscentos cincuenta mil euros (250.000 euros), e cofinanciadas ao 80 % con fondos

FSE no programa operativo de Galicia 2007-2013, eixo 2, tema prioritario 69.

 

  1. Entidades beneficiarias

 

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de

nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con an-terioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

As entidades solicitantes deberán cumprir, en todo caso, ademais dos requisitos e

obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 respectivamente da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de

subvencións de Galicia, os seguintes:

 

a) Manter un sistema de contabilidade con codificación adecuada que permita identi-ficar todas as transaccións realizadas relativas ao proxecto subvencionado e conservar

os documentos xustificativos por un período de tres anos a partir do peche do programa

operativo FSE Galicia 2007-2013.

 

Facilitarlle ao persoal designado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para a verificación do cumprimento do disposto nestas bases, o acceso ás instalacións onde se leven

a cabo as accións subvencionadas e a toda a documentación de carácter técnico, administrativo ou contable que teña relación coa subvención concedida. No caso de estar permi-

tida a subcontratación de acordo co establecido no artigo 15, as/os subcontratistas están

obrigadas/os a facilitaren ao persoal de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas.

Dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actu-acións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3o da Lei 9/2007,

de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto no Regulamento (CE) 1828/2006 da

Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao

Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión.

3,Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de

programas de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas.

b) Que a programación das actividades se leve a cabo nas dependencias do centro e

fóra do horario lectivo, de luns a venres ao longo do curso escolar, e durante unha hora

diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade será necesario acreditar a

realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.

c) Que a programación das actividades sexa en horario continuado dende a hora de

inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.

d) Que as actividades que formen parte do programa se centren en aspectos lúdicos,artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.

e) Que cada actividade se dirixa obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido.

Os programas achegados deberán prever expresamente de que xeito se van atender as necesidades das nenas e nenos con discapacidade.

Queda expresamente excluído desta convocatoria a prestación do servizo de comedor.

4. Gastos subvencionables.

4.1. Terán a consideración de subvencionables os gastos ocasionados polo desenvolve-

mento dos programas de actividades extraescolares que a continuación se relacionan:

a) Gastos do persoal necesario para a execución das accións: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, segundo a contía establecida na normativa aplicable por xornada real de traballo paraos correspondentes grupos profesionais nos seus respectivos convenios colectivos.

b) Gastos de seguros de accidentes e pólizas de responsabilidade civil, se é o caso.

c) Gastos de materiais funxibles necesarios para o desenvolvemento das accións.

4.2. Os gastos anteriormente mencionados deberán cumprir os seguintes requisitos: ser un gasto directo da acción, adecuado aos obxectivos, que exista constancia documental sobre a súa realización de forma verificable, que se acredite mediante facturas ou documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa (exemplo: nóminas, boletíns de cotización á Seguridade Social), que se realice dentro do período establecido no artigo 1 desta convocatoria e que sexa efectivamente pagado pola entidade beneficiaria dentro do período de referencia establecido no punto 6 deste artigo.

5, O período de referencia para a realización do pagamento dos gastos xerados polo desenvolvemento das actuacións será do 1 de xaneiro de 2013 ao 30 de novembro de 2013.

6. Prazo de presentación

21 de xullo de 2013

 

 

 

 

Bases convocatoria