Reabre o prazo de presentación de solicitudes de centros educativos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21

Requisitos dos centros educativos de nova incorporación

4.1 Para que un centro poida participar neste proceso de selección é necesario que cumpra osseguintes requisitos:

1) Presentar un proxecto segundo o guión establecido no apartado sexto.

2) Asumir o compromiso de utilizar materiais dixitais como referencia para odesenvolvemento curricular, segundo o seguinte calendario:

•No curso 2020-2021 en 5º de educación primaria e/ou 1º da ESO. Estenderá o usodos materias no curso 2021-2022 a 5º e 6º de educación primaria e/ou 1º e 2º daESO, mantendo nos cursos seguintes o proxecto educativo dixital neste niveis,cando menos.

3) O centro educativo deberá contar con aulas dixitalizadas (cos elementos do kit de auladixital – EDI, proxector e equipo no posto do/a docente e conexión á rede de datos docentro) en todas as aulas implicadas no programa, así como cunha conexión de datoscunha velocidade nominal mínima de baixada de 100 Mbps.

4) No caso dos centros que soliciten a súa incorporación na etapa de educación primaria,deberán impartir todas as materias en modalidade dixital.

5) Nos centros que soliciten a súa incorporación na etapa de educación secundariaobrigatoria, todo o alumnado deberá recibir un mínimo de seis materias a elección docentro en modalidade dixital, segundo o curso correspondente e tendo en conta que asmaterias Relixión – Valores Éticos contabilizaranse, no seu caso, como unha únicamateria. Do mesmo xeito, todas as materias de libre configuración (agás a materia delibre configuración autonómica obrigatoria) computarán como unha única materia.

Fonte: Resolución do 15 de maio de 2020 pola que se reabre o prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21 | Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Comentarios0

Deixa unha resposta