Proxecto de Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato

As persoas que o desexen poderán presentar proposicións ou suxestións na dirección de correo electrónico sxcentros@edu.xunta.es, no prazo de 7 días hábiles.

No proxecto aparece como novidade que se permite que as familias presenten telematicamente a solicitude. Pódese facer presencialmente nos centros, e nese caso quen a introducirán na aplicación serán os centros.

Tamén cambia o procedemento de autorización de consulta de datos, xa que agora de modo predeterminado autorízase toda consulta dos datos de dni, residencia, facenda, etc. De non se autorizar, débese especificar e achegar persoalmente a documentación.

Orixe: Proxecto de Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria