Procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2019/20.

ORDE do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca e establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2019/20.

 

“…disporá de cinco (5) días contados desde a recepción da resolución de adxudicación de praza para remitir ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da xefatura territorial que lle corresponda unha copia deste impreso xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación así como a formalización da matrícula é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realizase a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

Source: Orde do DOG nº 53 do 2019/3/15 – Xunta de Galicia

Comentarios0

Deixa unha resposta