ORDE do 6 de xullo de 2015 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial

Artigo 1. Modificación de unidades e postos de traballo Modifícanse as unidades e os postos de traballo docentes dos seguintes centros educativos: – Escolas infantís, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria e centros públicos integrados que se detallan no anexo I. – Centros de educación especial, relacionados no anexo II. – Colexios rurais agrupados, relacionados no anexo III. Artigo 2. Supresión de centros Suprímense os centros que se relacionan no anexo IV desta orde. DOG num 136