ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario, por curso completo e en modalidade presencial, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano académico 2013/14.

Artigo 1. Actualización da oferta

Actualízase a oferta educativa dos ciclos formativos de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, a partir do curso 2013/14, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo se relaciona no anexo desta orde. O Fondo Social Europeo cofinancia nun 80 % os gastos de funcionamento e de profesorado naqueles ciclos formativos relacionados coa sociedade da información e da comunicación, no marco do programa cooperativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 72.

Artigo 2. Número mínimo de solicitudes

Requírese un número mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos ciclos formativos de grao medio ou superior, no prazo ordinario de presentación de solicitudes a que se refire o artigo 11.1 da Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar ningunha matrícula. A condición do número mínimo de alumnado débeselles comunicar ás persoas interesadas no momento da súa preinscrición.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130614/AnuncioG0164-100613-0003_gl.html