ORDE do 4 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria (ED106A).

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios, segundo establece a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE). Artigo 2. Orzamento O financiamento das axudas farase con cargo ao crédito da partida orzamentaria 09.30.151A.470.1, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, por unha contía máxima total de 170.000 €, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias. DOG Nº 90