ORDE do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Abre o prazo de solicitude a partir do día 30 de abril e pódese facer tanto na sede electrónica coma modo presencial en papel.

O obxectivo é cubrir os gastos para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.

Actividades de formación convocadas.

1. As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:

  • Quenda: 1ª / Lugar: CDR A Coruña / Datas: 25-31 agosto de 2019 / Idioma: Inglés / Nº de alumnos/as: 100 Curso: 3º ESO
  • Quenda: 2ª / Lugar: CDR A Coruña / Datas: 1-7 setembro de 2019 / Idioma: Inglés / Nº de alumnos/as: 100 / Curso: 4º ESO

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30. As familias ou titores/as legais dos/as menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de celebración da actividade e os gastos que isto ocasione serán pola súa conta. O resto da actividade será gratuíta para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

As axudas poderán ser solicitadas polos/as pais, nais ou titores/as legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O procedemento na sede electrónica:

ED504G – Actividades formativas STEMweek

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED504G

 

 

Source: Orde do DOG nº 78 do 2019/4/24 – Xunta de Galicia